escala

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «escala».
Escala de madeira
  • Pronuncia: /es.ˈka.la/ (AFI)

Substantivo feminino

escala (sg: escala; pl: escalas)

  1. Escala.
    • Exemplo: Arrima a escala ao hórreo.

  2. Sucesión de cousas situadas en niveis progresivos.
    • Exemplo: Escala cromática. Escala musical.

  3. Indicación que serve para medir ou obter as proporcións de algo.
    • Exemplo: A Consellaría de Educación manda cualificar os exames nunha escala de un a dez, polo que non podo cualificar un exame en branco co cero.

  4. Intensidade ou importancia dun negocio, traballo ou asunto.
    • Exemplo: A cadea destas suopermercadois fai as compras a grande escala.

  5. Parada que fai unha nave, aérea ou marítima, para cargar combustíbel, embarcar ou desembarcar mercadorías, persoas, etc., continuando despois a súa ruta.
    • Exemplo: O barco de Barcelona a Nápoles fai escalas en Palma de Mallorca e Xénova.

Sinónimos