enerxía

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «enerxía».
Un foguete espacial ten gran cantidade de enerxía. Cando o combustíbel se queima, esta enerxía transfórmase en enerxía cinética que impulsa ao foguete cara a arriba.
Unha vella locomotora a vapor transforma enerxía química (madeira ou carbón) en enerxía cinética.

Substantivo feminino

enerxía (sg: enerxía; pl: enerxías)

  1. (Física) En física, a enerxía é todo aquilo que pode transformarse en calor, traballo mecánico (movemento) ou radiación electromagnética, como a luz, mediante procesos físicos, e que pode ocorrer de xeito natural e espontáneo ou grazas a unha máquina (por exemplo un motor, unha caldeira, un refrixerador, un altofalante, unha lámpada) ou tamén a un organismo vivo.
    • Exemplo: hai moitas formas de enerxía

      .
  2. (Física) A unidade de enerxía no Sistema Internacional de Unidades é o joule.
  3. (Historia) O concepto de enerxía, que é un dos conceptos esenciais da física, naceu no século XIX, e pódese atopar en todas as disciplinas da física (mecánica, termodinámica, electromagnetismo, mecánica cuántica, etc., así como noutras disciplinas, particularmente na química.
  4. Nunha persoa, capacidade física ou moral que permite realizar algo.
    • {{exemplo|É un neno cheo de enerxía. Protestou con enerxía.

Termos relacionados