encerellar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /enθeɾeˈʎaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

encerellar

  1. Envolver algo de xeito desordenado, facéndoo difícil de desfacer.
  2. Crear confusión ou complexidades.
  3. Implicar a alguén nun tema complicado.
  4. Poñer a mal a alguén.


Verbo pronominal

encerellarse

  1. Envolverse de xeito desordenado.
  2. Crearse confusión ou complexidades.
  3. Implicarse alguén nun tema complicado.
  4. Poñerse a mal.

Conxugación