embrión

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «embrión».
  • Pronuncia: /embɾiˈoŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

embrión (sg: embrión; pl: embrións)

  1. (Bioloxía) Grao de desenvolvemento nos animais entre a fecundación do óvulo e o estado de feto.
    • Observacións: Nos humanos, esta fase comprende as oito primeiras semanas trala fecundación.
  2. (Botánica) Xerme dunha planta.
  3. (Figurado) Obra ou proxecto que aínda non rematou de desenvolverse.
    • Exemplo: En dúas tardes puideron presentar o embrión do programa ós patrocinadores

      .

Traducións