educar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /e.du.ˈkaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

  1. Dirixir ou encamiñar a alguén.
    • Exemplo: Procuro educar ben a meu fillo.

  2. Desenvolver ou perfeccionar as facultades intgelectuais e morais do neno ou do mozo por medio de exercicios, exemplos, etc.
    • Exemplo: Educar a intelixencia. Educar a voluntade

      .
  3. Desenvolver as forzas físicas por medio do exercicio, facéndoas máis aptas para o seu fin.
    • Exemplo: O boxeador educou seu corpo con vistas ao campionato.

  4. Perfeccionar ou afinar os sentidos
    • Exemplo: Educar o gusto. Educar o oído

      .
  5. Ensinar os bos usos de urbanidade e cortesía.
    • Exemplo: O mestre insistía en educar aos seus alumnos nas boas maneiras.