educación

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «educación».

Open book 01.png Substantivo feminino

educación (sg: educación; pl: educacións)

  1. Proceso bidireccional polo que se transmiten coñecementos, valores, xeitos e formas de actuar. Prodúcese a través da palabra, a imaxe, etc. estando presente en todas as accións, sentimentos e actitudes humanas, e sendo a imitación moitas veces un fenomenal instrumento educativo.
  2. Proceso de asimilación cultural, moral e de conduta. Así, a través da educación, as novas xeracións asimilan e aprenden os coñecementos, normas de conduta, xeitos de ser e formas de ver o mundo de xeracións anteriores, creando ademais outros novos.
  3. Proceso de socialización dos individuos dunha sociedade.
  4. Tamén se chama educación ó resultado deste proceso, que se materializa na serie de habilidades, coñecementos, actitudes e valores adquiridos.

Traducións


Castelán

Open book 01.png Substantivo feminino

educación (sg: educación; pl: educaciones)

  1. Educación.