dique

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /'di.ke̯/ (AFI)

Substantivo masculino

dique (sg: dique; pl: diques)

  1. Muro ou construción para conter as augas.
    • Exemplo: Co que choveu este mes tivemos que levantar un dique para evitar as inundacións.

  2. Espazo situado nun lugar resgardado da costa, no cal entran os buques para a súa limpeza ou reparación.
    • Exemplo: Hoxe hai cinco barcos no dique.

  3. (Figurado) Barreira oposta a algo que se considera prexudicial.
    • Exemplo: Opuxo un dique ao avance daquelas ideas.

  4. (Xeoloxía) Nas minas, filón estéril que aflora á superficie do terreo, formando a maneira dun muro.
    • Exemplo: Un dique de xistos

      .

Termos relacionados

dique de marea, dique flotante, dique seco, estar en dique seco,