dinámico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /d̪i.ˈna.mi.ko/ (AFI)

Adxectivo

dinámico (ms: dinámico; mpl: dinámicos; fs: dinámica; fpl: dinámicas)

  1. (Física) Pertencente á forza, cando esta produce movemento.
    • Exemplo: A dinámica do movemento circular uniforme.

  2. (Física) Pertencente ou relativo á dinámica.
    • Exemplo: Hoxe na clase comezamos a estudar a dinámica.

  3. Dito dunha persoa, que actúa con enerxía, decisión ou vitalidade.
    • Exemplo: O Xoán é unha persoa moi dinámica, nunca está sen facer nada

      .

Observacións

Substantivo feminino

dinámica (sg: dinámica; pl: dinámicas)

  1. (Física) Parte da mecánica que estuda o movemento dos corpos en relación coas forzas que o producen.
    • Exemplo: Comprei un tratado de dinámica

      .
  2. Por extensión, sucesión de feitos, acontecementos, etc. que, segundo unhas determinadas circunstancias, motivos ou principios encadeados entre si, conforman un proceso, acción, etc.
    • Exemplo: Se analizamos a dinámica do conflito, podemos afirmar que vai ter unha rápida solución.