coxa valga

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Latín

Os cambios producidos pola alteración do ángulo colo-diáfise do fémur, con respecto ao da coxa norma (coxa normal), determinan as anomalías coxa valga e coxa vara.

Locución substantiva feminina

coxa valga (sg: coxa valga; pl: coxae valgae)

  1. (Patoloxía) Deformidade, oposta a coxa vara, consistente no aumento do ángulo que forman o eixe do colo do fémur co eixe da diáfise deste óso, que produce rotación externa manifesta do membro inferior, cun aumento da abdución e unha diminución da adución.

Termos relacionados