constar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /konsˈtaɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

constar

  1. Ser algo coñecido por experiencia.
    • Exemplo: Cónstame que o que dis é mentira

      .
  2. Estar escrito ou mencionado en certo sitio.
    • Exemplo: Non constaba na lista de admitidos

      .
  3. Estar algo formado por cousas que se expresan.
    • Exemplo: O esqueleto da man consta de carpo, metacarpo e falanxes

      .
  4. Dito dun todo, ter determinadas partes.
    • Exemplo: Un soneto consta de dous cuartetos e dous tercetos

      .
  5. Dito dunha cousa, ser certa ou manifesta.
    • Exemplo: O que me dis cónstame que é mentira

      .
  6. Dito dunha cousa, quedar rexistrada por escrito, ou notificada oralmente a unha ou varias persoas.
    • Exemplo: Entregueille copias a todos para que constara.

Conxugación