complemento

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kom.pleˈmen̪.to/ (AFI)

Substantivo masculino

complemento (sg: complemento; pl: complementos)

  1. Aquilo que se engade a algo para que estea completo.
  2. (Matemáticas) Arco ou ángulo que hai que engadir a outro para obter un cuadrante ou un ángulo recto.
  3. (Lingüística) Elemento funcional da cláusula que mantén unha relación de dependencia con respecto ao verbo e que, desde o punto de vista semántico, vén completar a información proporcionada por este.

Termos relacionados

complemento axente, complemento circunstancial, complemento directo, complemento indirecto complemento salarial, sistema do complemento.

Castelán

Substantivo masculino

complemento (sg: complemento; pl: complementos)

  1. Complemento.
  2. (Matemáticas) Complemento.
  3. (Lingüística) Complemento.