cebra
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
galego
Substantivo feminino
Etimoloxía: aínda non temos a etimoloxía desta palabra. Contribúe co Galizionario incorporándoa.Pronuncia: aínda non temos a pronuncia desta palabra. Contribúe co Galizionario incorporándoa.
cebra (sg: cebra; pl: cebras)
- (Zooloxía) Mamífero da familia dos équidos. A cebra pertence á familia dos cabalos, nativa de África central e do sur. Teñen raias verticais negras e brancas nos cuartos dianteiros, tendendo horizontalmente cara á parte traseira do animal.
Traducións
- alemán : Zebra (de)
- catalán : zebra (ca)
- bretón : roudenneg (br)
- castelán : cebra (es)
- francés : zèbre (fr)
- grego : ζέβρα (el)
- inglés : zebra (en)
- portugués : zebra (pt)
Substantivo
cebra (sg: cebra; pl: cebras)
- (Meteoroloxía) Chuvia miúda e moi mesta.
- (Meteoroloxía) Precipitación forte e abundante con moito vento e de pouca duración.
Etimoloxía: Do latín (pluviam) zephyream
Sinónimos
- babuña
- barbaña
- barbuza
- barrufa
- barruñeira
- barruzo
- breca
- chuvisca
- froallo
- lapiñeira
- marmaña
- patumeira
- poalla
- zarzallo
- anubeada
- brea
- brétema
- cebrina
- cifra
- ciobra
- chuvasco
- chuvascada
- chuvieira
- xistra
- zarracina