castrón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kasˈtɾoŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

castrón


singular plural
castrón castróns
  1. (Gandaría) Macho cabrío adulto.
    • Sinónimos: bode, cabrón, chibo, godallo.
    • Observacións: Adoita empregarse para o animal castrado aínda que ás veces tamén se usa para designar o macho sen castrar, para evitar eufemisticamente a palabra cabrón.

Termos relacionados

Vexa o artigo «cabra» na Galipedia.