caroteno

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «caroteno».

Substantivo masculino

caroteno (sg: caroteno; pl: carotenos)

  1. (Química orgánica e bioquímica) Nome xenérico de varios pigmentos amarelos, alaranxados ou vermellos, que son hidrocarburos tetraterpénicos isómeros, de fórmula C40H56, e que constitúen uns dos carotenoides máis importantes. Áchase na cenoria e nas follas verdes dos vexetais, e tamén no leite e no sangue. Teñen grande importancia na alimentación humana, porque a vitamina A fórmase no organismo pola descomposición destes hidrocarburos.
    • Exemplo: Debido a esta propiedade, os carotenos adoitan denominarse provitamina A.

Sinónimos

Observacións

  • Moitas veces úsase esta palabra, impropiamente, como sinónimo de carotenoide.

Termos relacionados

Traducións