camisa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Camisa
Camisa de cobra
  • Pronuncia: /ka.ˈmi.sa/ (AFI)

Substantivo feminino

camisa (sg: camisa; pl: camisas)

  1. Peza de roupa, xeralmente con mangas e pescozo, que cobre a zona do corpo humano comprendida entre o pescozo e a cintura. Habitualmente abróchase por diante mediante botóns que pode usarse como prenda exterior ou poñerse debaixo dun chaleco ou chaqueta.
  2. (Bioloxía) Pel que mudan algúns réptiles periodicamente.
    • Exemplo: As camisas de cobra foron moi estimadas polos curandeiros, pois disque tiñan propiedades medicinais.

    • Sinónimos: muda

Traducións