cadea

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cadea».
  • Pronuncia: /kaˈðea̝/ (AFI)

Substantivo feminino

cadea (sg: cadea; pl: cadeas)

  1. Obxecto constituído por unha serie de elos ou aneis, xeralmente metálicos, enlazados entre si, entre as que se poden distinguir varios tipos particulares segundo o seu uso.
  2. Sucesión de feitos ou fenómenos relacionados entre si.
  3. (Xeografía) Sucesión de montañas.
  4. Conxunto de máquinas e instalacións que fan pasar o traballo dunha a outra.
  5. Conxunto de empresas co mesmo nome que teñen o mesmo propietario.
  6. Emisión radial ou televisiva conxunta dun mesmo programa.
    • Termos relacionados: canle.
  7. Equipo musical composto de módulos independentes que poden ser reunidos nun único conxunto.
  8. Edificio onde penan os presos.
  9. (Química) Dous ou máis átomos (ou moléculas) ligados en secuencia.
  10. (Informática) Conxunto de elementos do mesmo tipo en disposición linear.
  11. (Carro) Traveseiro do chedeiro do carro.

Termos relacionados

Traducións