bubela

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «bubela».
Agora que vén o cuco/ Tamén ha vir a bubela;/ Déixame dormir un sono/ Na túa cama de pedra.
  • Pronuncia: /buˈβɛla̝/ (AFI)

Substantivo feminino

bubela (sg: bubela; pl: bubelas)

  1. (Ornitoloxía) Único representante da familia Upupidae. Mide de media 28 cm entre a punta do bico, longo e curvo, e a da cola. As alas teñen un debuxo característico de bandas brancas e negras. A crista da cabeza mide uns 6 cm e está formada por plumas coas puntas brancas e negras. A cola é negra, cunha banda branca ancha no último terzo, e un debuxo branco na raíz. O resto do corpo é ocre rosado ferruxento.
    • Exemplo: Cando oias a bubela, deixa os bois e colle a gavela.

Nome científico

Sinónimos

galo merdeiro, galo merdento, galo merdoso, poupa.

Locucións:

Traducións

Véxase tamén