boi
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Etimoloxía: do latín vulgar *boe, por bōvem, do latín bōs, bovis (boi, vaca).
Substantivo masculino
boi (sg: boi; pl: bois)
- (Zooloxía) Touro castrado.
- Touro semental.
- (Zooloxía) Crustáceo decápodo da suborde dos braquiúros e familia cáncridos, Cancer pagurus Linné, de até 20 cm de lonxitude, co caparazón ovalado, moito máis largo que longo, abombado e lixeiramente granulado, cos bordos con nove lóbulos arredondados a cada lado, de cor parda avermellada, quelípodos robustos, máis grandes nos machos e rematados en fortes pinzas cos extremos negros, e os catro restantes pares de patas peludos, o último máis pequeno, que vive no Atlántico oriental, desde as costas ibéricas ao norte de Noruega, e no Mediterráneo, desde a zona intermareal até os 200 m.
Termos relacionados
- andar ao boi
- a paso de boi
- beber coma un boi
- boi colludo
- boi da cuberta
- boi das vacas
- boi de barro
- boi de Belén
- boi de marón
- boi de palla
- boi de parada
- boi de posto
- non escapar os bois coa grade
- poñer os bois ao carro
- saber con que bois se ara
Traducións
De 1 e 2
- Alemán: Ochse (de)
- Arapaho: híítoohuunóókec (arp)
- Castelán: buey (es)
- Catalán: bou (ca)
- Finés: härkä (fi)
- Francés: bœuf (fr)
- Inglés: ox (en)
- Italiano: bue (it), bove (it)
- Portugués: boi (pt)
De 3
- Alemán: Krebs (de)
- Castelán: buey de mar (es)
- Catalán: bou (ca), bou de mar (ca)
- Finés: rapu (fi)
- Francés: crabe-dormeur (fr) (Dromia personata), dourmeur (fr), poupard (fr), pouopart (fr); en gastronomía: tourteau (fr), crabe-de-lune (fr), poing-clos (fr)
- Inglés: edible crab (en), brown crab (en)
- Italiano: granciporro (it)
- Portugués: caranguejola (pt)