beato

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «beato».
  • Pronuncia: /beˈato̝/ (AFI)

Adxectivo

beato (ms: beato; mpl: beatos; fs: beata; fpl: beatas)

  1. (Relixión) Beatificado pola igrexa católica.
  2. (pexorativo) Moi devoto.
  3. (pexorativo) Que finxe unha devoción ou comportamento distinto do seu.

Substantivo

beato (ms: beato; mpl: beatos; fs: beata; fpl: beatas)

  1. (Relixión) Persoa beata.
    • Exemplo: Catro beatas bisbaban o rosario na penumbra da igrexa.


Substantivo masculino

Unha das miniaturas do Beato do Escorial

beato (sg: beato; pl: beatos)

  1. (Arte) Códice escrito e iluminado cos comentarios de Beato de Liébana (s. VIII) ó Apocalipse de San Xoán, e do que existen numerosas copias e variantes.
    • Exemplo: O Beato de San Miguel de Escalada (León) foi vendido e revendido e hoxe se expón na biblioteca Morgan de Nova York.

Traducións