baño
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Etimoloxía: do latín balneum, -i.
Substantivo masculino
baño (sg: baño; pl: baños)
- Acción e efecto de bañar ou bañarse.
- Auga ou líquido para bañarse.
- Pía que serve para bañarse.
- Exemplo: O cadáver apareceu mergullado no baño.
- Cuarto ou lugar para bañarse.
- Exemplo: A casa ten salón, catro dormitorios e dous baños.
- Sinónimos: cuarto de baño.
- (Eufemístico) Cuarto de aseo, retrete.
- (Medicina e veterinaria) Inmersión do corpo ou de parte del nun medio sólido, líquido ou gasoso, con finalidade terapéutica.
- (Química) Vasilla que contén un medio sólido ou líquido empregada para a calefacción indirecta dun recipiente que debe recibir a calor de xeito uniforme e constante.
- Por extensión, exposición do corpo a radiacións de diverso tipo.
- Recipiente onde se lle bota a comida aos animais, especialmente aos porcos.
- Artesa na que se garda a carne salgada do porco para a súa conservación.
Traducións
Termos relacionados
- balneación
- balneario
- baño ácido
- baño alcalino
- baño antipirético
- baño antiséptico
- baño aromático
- baño astrinxente
- baño coloidal
- baño de aceite
- baño de agullas
- baño de amidón
- baño de aire
- baño de aire comprimido
- baño de area
- baño de asento
- baño de barro
- baño de burbullas
- baño de fango
- baño de lodo
- baño de luz
- baño de mar
- baño de María
- baño de pés
- baño de sauna
- baño de sol
- baño de suor
- baño de vapor
- baño emoliente
- baño fresco
- baño frío
- baño hídrico
- baño interno
- baño iodado
- baño medicamentoso
- baño permanente
- baño quente
- baño romano
- baño ruso
- baños
- baño temperado
- baño turco