axugar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Verbo transitivo

axugar

  1. (Gandaría) Suxeitar a xugada ó xugo para turrar do carro ou arado.
  2. (Gandaría) Ceder unha vaca un veciño a outro para poder formar unha xugada e así poder labrar.
  3. (Agricultura) Atar as viñas ó podar.

Verbo intransitivo

  1. (Gandaría) Facer boa parella os dous membros dunha xugada, ter tamaño e forzas parellas.
  2. (Figurado) Cadrar ben dúas persoas ou cousas, ir acordes.

Traducións

Conxugación