arteria

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     artèria

Galego

En vermello, as principais arterias do corpo humano
  • Etimoloxía: do latín arteria(m), "arteria"
  • Pronuncia: /aɾˈtɛɾja̝/ (AFI)

Substantivo feminino

  1. (Anatomía) Vaso sanguíneo polo que circula o sangue desde o corazón ó resto do organismo.
    • Exemplo: A principal arteria do corpo humano é a aorta.

  2. (Figurado) Estrada ou rúa máis importante dunha zona ou cidade.
    • Exemplo: A policía vixiará a velocidade nas principais arterias da capital.

Termos relacionados

Traducións