aparato

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Nuvola apps bookcase.png Etimoloxía: do latín apparātus, -ūs. (preparación, preparativos; pompa, suntuosidade).
    Teléfono dixital, exemplo dun aparato.
Esquema do aparato ou aparello respiratorio humano.
  • Fonetica.PNG Pronuncia: /apaˈɾato̯/ (AFI)

Open book 01.png Substantivo masculino

aparato (sg: aparato; pl: aparatos)

  1. (Tecnoloxía) Obxecto constituído por varias pezas montadas entre si que cumpren, en conxunto ou unha tras outra, unha función determinada.
  2. (Bioloxía) Conxunto de órganos e tecidos que cumpre unha función determinada.
  3. (Política) Conxunto de organismos ou colectivos que concorren para cumprir un mesmo fin.
    • Exemplo: Un cambio de goberno non pode poñer en perigo o aparato do Estado.

Observacións

Aínda que algúns autores empregan, en determinados contextos, os termos aparato e aparello como sinónimos, en galego, como noutros idiomas romances, talvez cumpriría facer a distinción entre aparello, no sentido de dispositivo, mecanismo, etc., e aparato, co significado de pompa, boato, ostentación, etc. Así falaremos de aparello dixestivo ou de aparello de Golgi. Cf. portugués aparato/aparelho; catalán aparat/aparell, francés apparat/appareil.

Véxase tamén

Traducións