agulla

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Open book 01.png Substantivo feminino

agulla (sg: agulla; pl: agullas)

  1. Ferramenta puntiaguda que se emprega para coser, bordar ou tecer e que, agás as de facer punto, posúe un ollo por onde se pasa o fío.
  2. (Medicina) Barriña puntiaguda e oca, cortada a bisel, empregada normalmente cunha xeringa para inxectar substancias no corpo (Agulla hipodérmica).
  3. Puga de metal que se move sobre un plano.
  4. (Arquitectura) Chapitel estreito e alto con forma de punta.
  5. Parte do lombo dos animais, próxima á cabeza, onde se xuntan os membros anteriores co espiñazo.
  6. (Alimentación) Por extensión, peza de carne que se extrae da rexión anterior e da musculatura dorsolateral do pescozo.
    • Exemplo: A carne de agulla é pouca e sabe ben, mais non é para quen fillos ten.
  7. Raíl móbil que permite o cambio de vía dun tren ou panca e aparello que produce tal cambio.
  8. Punzón que provoca a detonación do fulminante ó bater na parte posterior do cartucho.
  9. (Mariña) Aparato destinado a rexistrar a dirección da quilla dun barco.
  10. (Topografía) Pequenos elementos auxiliares utilizados para marcar transitoriamente no terreo puntos que forman parte dunha medición maior.

Traducións

Ferramentas personais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Caixa de ferramentas
Outras linguas