afinar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [a.fiˈnaɾ] (AFI)

Verbo intransitivo

afinar

  1. Ser máis exacto.
  2. (Música) Cantar ou tocar no punto axeitado de entoación.

Traducións

Verbo pronominal

afinarse

  1. Poñerse [algo] máis fino.

Verbo transitivo

afinar

  1. Poñer [algo] máis fino.
  2. (Figurado) Achegar [algo] ao seu estado ideal.
  3. (Música) Poñer [un instrumento] no punto axeitado de entoación.
  4. Eliminar as impurezas de [un metal].
  5. Reducir [o prezo de algo].

Traducións

Conxugación


Castelán

Verbo intransitivo

afinar

  1. (Música) Afinar (cantar ou tocar no punto axeitado de entoación).

Verbo transitivo

afinar

  1. Afinar, aguzar, perfeccionar (achegar [algo] ao seu estado ideal).
  2. (Música) Afinar, temperar (poñer [un instrumento] no seu punto axeitado de entoación).
  3. Afinar (eliminar as impurezas de [un metal]).