adobo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /aˈðoβo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

adobo (sg: adobo; pl: adobos)

  1. (Alimentación) Preparado líquido no que se somerxe ou co que se impregna un alimento antes de cociñalo para conservalo e darlle sabor.
  2. (Alimentación) Conxunto de condimentos que se lle botan a un preparación.
  3. Substancia coa que se curten peles.
  4. Esterco, ou outro produto, que se usa para fertilizar a terra.
  5. (Figurado) Adorno, enfeite.

Variantes

Termos relacionados