abocar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: de boca.
  • Pronuncia: /aβoˈkaɾ/ (AFI)

Verbo pronominal

abocarse

  1. Trabárense os cans ao pelexarse.

Verbo transitivo

abocar

  1. Coller algo coa boca, apertando con forza.
  2. Volcar o contido dun recipiente noutro.
  3. Poñer algo boca abaixo.
  4. Introducir ou achegar algo a un burato ou entrada doutra cousa.
  5. Levar algo ou alguén cara a unha determinada situación, normalmente prexudicial.
  6. Trabar un can algo ou a alguén.
  7. Picar un peixe no anzol.
  8. Inmobilizar unha res meténdolle os dedos no fociño e erguéndolle a cabeza.
  9. Chegar unha embarcación a unha entrada como un porto, ría, etc.
  10. Xuntar xente coa intención de facer algún negocio.
  11. Facerlle a boca a algo.
  12. Facerlle o zapateiro a boca a un zapato.
  13. Incitar [un can] para que acometa [a alguén].

Verbo intransitivo

abocar

  1. (Xeografía) Dar un curso de auga a un mar, lago, río...

Conxugación