abafado
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Etimoloxía: de «abafar».
Pronuncia: /a.βaˈfa.ðo/ (AFI)
Adxectivo
abafado (ms: abafado; mpl: abafados; fs: abafada; fpl: abafadas)
- Que non ten alento, que ten dificultades para respirar.
- (Figurado) Que sente desacougo por mor dunha situación desagradable e persistente.
- Sinónimos: aborrecido, aburrido, amargado, farto.
- Cuberto de bafo.
- Que desprende un cheiro desagradable.
- Que sente moita vergoña.
- Sinónimos: avergonzado, avergoñado, insultado.
- Que sente impotencia ante unha situación adversa ou difícil.
- Que carece de medios para defenderse.
Verbo
abafado
- Definición impropia: participio do verbo «abafar».