abacá
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Substantivo masculino
abacá (sg: abacá; pl: abacás)
- (Botánica) Planta monocotiledónea da familia das musáceas, Musa textilis, especie de bananeira orixinaria de Filipinas (onde se cultiva extensamente) e introducida nas Indias Orientais e na América tropical. Os seus froitos son moi semellantes aos plátanos ou bananas, pero de menor tamaño e non comestíbeis. Das vaíñas foliares obtense unha fibra téxtil empregada para facer cordas, esteiras, capachos, tecidos, etc.
- Exemplo: Unha plantación de abacás.
- Fibra desta planta, preparada para a industria.
- Exemplo: Ao porto chegou un mercante cun cargamento de abacá.
- Tecido feito con esta fibra.
- Exemplo: Na casa da praia teño unha esteira de abacá.
Sinónimos
- cánabo de Manila (2)
Observacións
Ver imaxe da flor do abacá na Galipedia.
Traducións
- Alemán: Manilahanf (de) (a fibra téxtil: ad pedem litterae "cánabo de Manila")
- Castelán: abacá (es)
- Catalán: abacà (ca)
- Francés: abaca (fr)
- Inglés: abaca (en)
- Italiano: abacà (it)
- Portugués: abacá (pt)
Castelán
Substantivo masculino
abacá (sg: abacá; pl: abacás)