aba
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
| Grafías semellantes: ABA |
Táboa de contidos |
Galego
aba1
Etimoloxía: de orixe incerta: do arameo abba, do latín alapa, -ae (palma da man, bofetada), do latín alipes, -pedis (de pés alados).
Substantivo feminino
aba (sg: aba; pl: abas)
- Parte inferior de certas pezas do vestiario, principalmente dito das saias, mandís, hábitos, etc., que cae solta desde a cintura para abaixo.
- Sinónimos: faldra.
- Parte do sombreiro que está arredor da copa.
- Parte inferior da pendente dunha montaña.
- Beira ou marxe dunha costa ou dun río.
- Sinónimos: costa.
- Parte suplementaria dunha mesa que se pode levantar para así darlle máis superficie últil á mesma.
- Prolongamento dun tellado más alá das paredes.
Traducións
Definición 1
Definición 2
Definición 3
Definición 4
aba2
Sigla
- (Bioquímica) Sigla coa que se representa ácido abscísico (en inglés, abscisic acid).