abáboro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Open book 01.png Substantivo masculino

abáboro

  1. (Zooloxía) Nome que se aplica aos insectos himenópteros da familia dos véspidos pertencentes ao xénero Vespa. Son avespas, grandes (de até máis de 6 cm de lonxitude), de cor negra ou vermella escura con bandas transversais amarelas, que se caracterizan por teren o primeiro segmento abdominal truncado. A especie máis frecuente en Galicia é Vespa crabro, de 18 mm (as femias) a 55 mm (os machos), coa cabeza alongada e gran parte do corpo de cor roxa ferruxenta, que constrúe uns avesporeiros de 35 a 40 cm de diámetro en ocos das árbores, e que se alimenta de toda clase de insectos.
    • Exemplo: A picada do abáboro é moi dolorosa, e moitas veces dá febre.
    • Sinónimos: abellón, abázcaro.
  2. (Zooloxía) Macho da abella.
Abáboro (macho da abella)
Ferramentas personais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Caixa de ferramentas