Wiktionary:Modelo para definicións
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
[editar] Introdución
Na nosa xerga un "entrada" ou "páxina" (evítese usar "artigo" para non confundilo coa clase gramatical homónima) contén cada peza de información do dicionario que se relaciona directamente cunha secuencia de letras dada. A mesma secuencia de letras pódese referir a diferentes palabras en diferentes linguas (por exemplo "can" en galego é un animal e en inglés é un verbo), ou a distintos morfemas na misma lingua, cada un con diferentes etimoloxías e significados (por exemplo "a" en galego é preposición e artigo). Esto pode facer que as regras sobre a organización do contido sexan complexas, pero deben resultar en artigos que sexan relativamente doados de ler e interpretar.
[editar] Un exemplo sinxeliño (e copiable) de modelo
Este exemplo amosa os elementos fundamentais dun artigo: a súa lingua, a categoría gramatical, a palabra en si mesma (P) e polo menos unha definición (D).
==Galego== ===Substantivo=== '''P''' # D [[category:Galego]]
Sem embargo, é preferible marcar os epígrafes mediante os marcadores {{-gl-}} e {{-subst-}}, xa que os clasifica nas categorías correspondentes:
{{-gl-}}
{{-subst-}}
'''P'''
# D
Como se ve, xa non é necesario engadir a categoría nin estar pendente de saber o nivel de cada epígrafe (se leva dous ou tres simbolos de igual). Sen embargo, podemos ser máis concretos. Se sabemos que a palabra é un substantivo feminino, podemos usar o modelo {{-substf-}}, ou tamén o modelo {{-verboip-}} se un verbo é intransitivo e pronominal na conxugación dun mesmo significado. Se queres ver unha listaxe de tódolos modelos, podes vela en Wiktionary:Todos os modelos.
[editar] Exemplos de artigos con formato correcto
Estes artigos, aínda que non estean completos, teñen o formato correcto e son exemplos bos de estilo.
[editar] Casos sinxelos
Supoñamos que "garapo" é unha palabra que existe en galego e en portugués, con varios sentidos en galego. Un artigo moi básico podería estar organizado así:
Galego Etimoloxía -> Explicación de como xurdiron as formas galegas. Subtantivo -> Exemplo de escritura -> Texto da primeira definición como substantivo galego. -> Texto da segunda definición como substantivo galego. Adxectivo -> Exemplo de escritura -> Texto da primeira definición como adxectivo galego. Portugués Etimoloxía -> Explicación de como xurdiron as formas portuguesas. Substantivo -> Texto da primeira definición como substantivo portugués. Ligazóns externas
Poderíamos traducir este plan de organización do artigo á sintaxe do Galizionario así:
==Galego== ===Etimoloxía=== Do [[latín]] [[garapus]], 'persoa que fai [[garapada]]s'. ===Nome=== '''garapo''' (plural: ''garapos'') # Persoa que fai cousas garapas. # Acción dun garapo. ===Adxectivo=== '''garapo, garapa''' # Relativo ás accións, feitas inconsistente, consuetudinaria e anisotropicamente. ==Portugués== ===Etimoloxía=== Do nome [[latín|latino]] [[altomedieval]] [[portugués]] do xarope, '[[sirope]]'. ===Substantivo=== '''garapo''' # [[ambrosía]]. ===Ligazóns externas=== *[[w:sirope|Artigo da Galipedia sobre o sirope, onde pode comprobarse a súa relación coas garapadas]].

