historia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     história ,    història

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «historia».
  • Pronuncia: /isˈtɔ.ɾja̝/ (AFI)

Substantivo feminino

historia (sg: historia; pl: historias)

  1. (Historia) Conxunto de feitos ocorridos no pasado, que afectan a toda a humanidade, a un grupo, unha persoa, ou un aspecto concreto dese pasado, etc., dando conta da súa evolución.
    • Exemplo: Está escribindo un libro sobre a historia de Galiza. O home mudou a través da historia.

  2. (Historia) Ciencia que estuda eses feitos.
    • Exemplo: Un profesor de historia. Comprei uns libros de historia.

  3. Lembranza de certos feitos importantes que permanecen a través do tempo.
    • Exemplo: Eses encontros farán historia.

  4. Relato dun suceso, real ou imaxinado.
    • Exemplo: Meu avó contaba moitas historias.

  5. (Figurado) Cousa falsa ou rumor que se conta como certo, con mala fe ou para enganar.
  6. (Literatura) En narratoloxía é unha serie de acontecementos ordenados nunha secuencia cronolóxica, protagonizada por personaxes encadrados nun marco espacial. Representa o plano do contido.

Traducións


Castelán

Substantivo feminino

historia (sg: historia; pl: historias)

  1. (Historia) Historia.


Vasco

  • Pronuncia: /is'toɾia/ (AFI)

Substantivo

historia

  1. (Historia) Historia.

Termos relacionados