érbedo
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende Érbedo)
Táboa de contidos |
galego
Substantivo masculino
érbedo m (sg: érbedo; pl: érbedos)
- (Botánica) Arbusto das ericáceas de follas lanceoladas e persistentes, froito esférico vermello de superficie granulosa e comestible semellante ao morango, que pode acadar os catro metros de altura. O seu nome científico é arbutus unedo.
Sinónimos
Traducións
- alemán : Erdbeerbaum
- castelán : madroño
- francés : arbousier
- inglés : strawberry tree
- italiano : albatro
- portugués : medronheiro

